Atletismo Divertido

O pasado xoves, 11 de marzo, o alumnado de Educación Primaria do noso colexio, acudiron ao Pavillón da Xunqueira para participar nunha xornada de Atletismo Divertido organizada polo Concello de Fene. As distintas modalidades organizadas permitiron que os participantes gozaran da práctica do atletismo dun xeito lúdico. Galería de Imaxes.

Ler máis

Día do Bosque

Este mércores, 27 de marzo, o alumnado de primeiro de Primaria e do último curso de Educación Infantil participou nunha actividade organizada polo Concello de Fene para celebrar o Día do Bosque. Puideron contribuír a mellora do nos entorno natural e sensibilizarse sobre a importancia dos bosques, plantando ameneiros xunto con outras árbores autóctonas. Galería de imaxes

Ler máis

Día da Muller

Onte, 8 de marzo, todos os membros da comunidade educativa que formamos parte da Jorge Juan de Perlío, celebramos o Día da Muller. Como acto final dos traballos realizados nas aulas sobre a importancia da igualdade, desenvolvéronse no patio estas actividades: Gran cadea de papel formando o símbolo da muller. Elaborouse unha grande cadea, formada por eslavóns con mensaxes, nomes e ideas que dun xeito ou […]

Ler máis

Chocolatada e Queima do Meco

Chocolatada e Queima do Meco

O xoves pasado, 7 de marzo, celebramos a Chocolatada e Queima do Meco. Como todol os anos, o alumnado puido disfrazarse libremente para gozar desta celebración. Primeiramente, os nenos e nenas dende a Escola Infantil ata ESO, gozaron co chocolate, para despois pasar a queima do meco, que como sempre no entroido nos tolea cos seus mandatos. Galería de imaxes

Ler máis

Cans e letras

La Voz de Galicia publica un artigo sobre o programa “Cans e letras” que o noso centro retoma este ano despois do bos resultados do ano pasado. O artigo pódese ler aquí

Ler máis

Visita ao museo de Belas Artes da Coruña

O pasado martes 5 de febreiro, os alumnos e alumnas de primeiro,  e o día 12 os de segundo de primaria, visitaron  o museo de Belas Artes da Coruña. Entre outras grandes obras da pintura puideron coñecer o cadro de Rubens, “Dédalo e o Minotauro”, guiados por educadoras que fixeron máis comprensible e accesible estas obras clásicas.A xornada rematou coa realización dun obradoiro no que […]

Ler máis

Proxecto: “Agora imos andando ao cole”

Radiofusión entrevista ao director do noso centro en relación proxecto: “Agora imos andando ao cole”. O proxecto é iniciativa da asociación “Stop Accidentes”, ao que se suma o colexio Jorge Juan de Perlío deseñando roteiros seguros para que o alumnado poida acudir a pe ao colexio, a partir do curso que ven. A entrevista completa pódese ler aquí

Ler máis

Entroido 2015

Un ano máis festexamos e disfrutamos destas datas en homenaxe a Don Carnal. Aproveitamos o tema do proxecto de centro deste ano para disfrazarnos (dende os mais pequenos aos mais grandes) e disfrutar así da xornada festiva no centro. Velaquí tedes as fotos deste ano… Disfrutádeas!  

Ler máis

Comezo do curso escolar 2014-15

O vindeiro mércores 10 de setembro comezan as clases para as etapas de Infantil e Primaria. A hora de entrada para os alumnos e alumnas será as 09:00 horas da mañá, excepto para os nenos e nenas de 4º Educación Infantil (3 anos) que será adaptado segundo o acordado cos mestres e mestras. Os alumnos e alumnas de Educación Secundaria comezarán as clases o Luns […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad