Letras Galegas 2019

No Colexio Jorge Juan para celebrar o Día das Letras Galega organizamos unha xornada festiva chea de actividades relacionadas coa lingua, a cultura e as tradicións galegas. Comezamos coa realización de maios entre todos os niveis de infantil e primaria.

Despois do recreo tivemos o “Festival Letras Galegas” no que participou todo o colexio. Contamos coas seguintes actuacións:

  • O baile da muiñeira realizado por alumnos da ESO.
  • Regueifas do alumnado de 6º e 5º de primaria.
  • Continuaron 4º e 3º de primaria que cantaron unha cantiga.
  • Seguiron 2º e 1º de primaria unha cantiga dedicada á primavera.
  • A continuación os alumnos e alumnas maiores de educación infantil, os de cinco anos,  fixeron un baile.
  • Os máis pequenos, os de catro e tres, fixeron un recital poesías.

Para rematar contamos coa actuación das “cantareiras do cole” e a actuación do grupo de gaitas da ESO, que animaron a bailar a todos os presentes.

Galería de imaxes