A mellor mensaxe do Nadal é a que sae do silencio dos nosos corazóns e quenta con tenrura os corazóns dos que nos acompañan na nosa viaxe pola vida. Bo Nadal e Própspero 2019.
A mellor mensaxe do Nadal é a que sae do silencio dos nosos corazóns e quenta con tenrura os corazóns dos que nos acompañan na nosa viaxe pola vida. Bo Nadal e Própspero 2019.
Onte, foi un día moi movido na nosa Biblioteca, onde todos os cursos de Educación Primaria achegáronse para escoitar unhas panxoliñas de Nadal interpretadas polos nenos e nenas de quinto e sexto de Educación Primaria. Pero tamén houbo sorpresas, os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria nos convidaron coas panxoliñas que prepararon para as súas visitas ao Camf e Resanes. Pronto […]
O pasado xoves, 20 de decembro, os nenos e nenas de quinto e sexto curso de Educación Primaria achegámonos ata o Parque Experimental de Sotavento, situado no concello de Xermade. Alí poidemos coñecer de xeito máis conciso as enerxías renovables e as súas incribles vantaxes, así como tamén pequenos trucos que realizándoos colaboraríamos cun importante aforro enerxético. Gustaríanos agradecer ao personal que alí nos atendeu […]
Este xoves, os alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria, visitamos a Residencia de Ancians Resanes, situada en Fene. Unha visita onde coñecemos as instalacións, aos residentes e aos traballadores/as do centro. Rematamos a visita cunhas panxoliñas interpretadas polos nenos e nenas; e os anciáns regaláronnos uns presentes elaborados por eles. Moitas grazas !!!! Galería de Imaxes.
Hoxe os alumnos e alumnas de 4º de Primaria visitamos CAMF (Centro de Atención a Minusválidos Físicos) en Ferrol. Unha visita para coñecer as instalacións, as labores que realizan e as múltiples responsabilidades dos traballadores/as, que facilitan as tarefas cotiás e diarias dos residentes. E ademais tamén, como proveito desta visita, achegar unha vez máis aos nosos nenos e nenas a concienciación e respecto desta […]
Informamos que ata o día de hoxe, non apareceu o gañador do premio do Mercadillo Solidario; o gañador é o corredor/a que tiña o dorsal número 257 na Carreira Solidaria que se celebrou o pasado sábao día 15 de decembro. Ten un prazo de 10 días para reclamar o premio dende o día de hoxe.
Hoxe, os nenos e nenas de primeiro e segundo de Educación Primaria celebraron o seu festival de Nadal, a ritmo de hip hop, rock twist e vals. De remate interpretaron unha panxoliña con linguaxe de signos, ademías da visita do Magos e paxes de Oriente que se pasaron a visitarnos. Todo un éxito!!!! Galería de Imaxes.
Onte deixamos na sombrería Austrohúngara de A Coruña os libros infantís e preadolescentes que quedaron sen vender no Mercadillo de Nadal. Este establecemento está a facer unha recollida con fin solidario. Moitas gracias por iniciativas como esta!!!
Onte tivo lugar o, xa tradicional, Mercadillo e Carreira Solidaria. Un ano máis, foi todo un éxito grazas a participación das familias e amigos/as que nos acompañaron nesta festa tan especial. Tamén queremos aproveitar para dar as grazas as entidades e grupos colaboradores. Grupo de Actividades Extraescolares do Anpa. Grupos de Baile da Academia Fusión Dance. Actuación da Rondalla de Fene “Estrelecer”. En breve […]