Visita de 4º de Educación Primaria ao CAMF.

Hoxe os alumnos e alumnas de 4º de Primaria visitamos CAMF (Centro de Atención a Minusválidos Físicos) en Ferrol. Unha visita para coñecer as instalacións, as labores que realizan e as múltiples responsabilidades dos traballadores/as, que facilitan as tarefas cotiás e diarias dos residentes.
E ademais tamén, como proveito desta visita, achegar unha vez máis aos nosos nenos e nenas a concienciación e respecto desta realidada social.