Visitamos Betanzos.

O pasado venres, día 23 de outubro,  os nenos e nenas de 4º de E.P gozaron dun magnífico día visitando diversas paisaxes turísticas pola zona de Betanzos. A primeira parte da excursión levouse a cabo no Pazo de Mariñán, onde coñeceron cantidade de obras de arte e pasearon polos seus inmensos e coidados xardíns. A segunda parte da excursión realizouse no Pasatempo de Betanzos. Os […]

Ler máis

Festa de Outono en Educación Infantil.

A pasada semana @s nen@s de E.I. fixeron unha Festa de Outono na que desfrutaron dunha obra de teatro das mestras, bailaron, debullaron millo e probaron produtos típicos desta época do ano. Tedes todos os detalles aquí.

Ler máis

Alternativas de Ocio no Patio.

Como un sabio dixo no seu día: “Non todo vai ser fútbol”. O noso colexio ofrécelles aos nosos nenos e nenas novas alternativas de xogo para o tempo de lecer no recreo. “Nunca” pensamos que algo tan sinxelo, fose capaz de ofrecer momentos de xogo tan divertidos. Galería de Imaxes.

Ler máis

Andaina pola Costa Ártabra.

O pasado xoves, 15 de outubro, os rapaces de 1º e 3º de Educación Secundaria, realizaron unha andaina pola Costa Ártabra; comezando en Mugardos e bordeando o litoral da ría de Ferrol ata Punta Segaño, onde poideron ver o Castelo da Palma e as baterías de Chanteiro. Logo subiron cara Montefaro para voltar ao punto de partida. Disfrutaron das bonitas vistas de ría de Ferrol […]

Ler máis

Senderismo polas Fragas do Eume.

Os rapaces e rapazas de 4º de ESO, realizaron o pasado luns, día 5 de outubro, unha caminata polo Parque Natural das Fragas do Eume, a pesar que o día non acompañou demasiado os alumnos e alumnas poideron disfrutar da bonita paisaxe das fragas nesta estación do ano. Comezaron a marcha no concello de A Capela, preto do museo etnográfico e baixaron cara o cauce […]

Ler máis

Festa do Outono en Educación Infantil.

Mañá, martes, 20 de outubro,  é a Festa do Outono de Educación Infantil, e por iso hoxe os nenos e nenas  levaron Cestas de Outono que fixeron coas súas familias. Están cheas de produtos desta tempada. Quedaron moi bonitas!

Ler máis

II Xornadas para Saúde en Educación Infantil.

Ao longo da semana parada o ciclo de Educación Infantil celebrou  as II Xornadas para a Saúde, directamente relacionadas co Proxecto Anual de Hábitos Saudables. Visitou o centro unha enfermeira e unha dentista para dar diferentes charlas aos nenos e nenas de 3 e 5 anos. Os alumnos e alumnas de 4 anos realizaron unha visita a farmacia de Perlío lles ensinaron as labores que […]

Ler máis

Visita ao Museo Etnográfico e Muíños do Río Sesín.

Os nenos e nenas  de 3º de Educación Primaria visitaron o pasado venres, día 16 de outubro, o Museo Etnográfico da Capela, museo que recuperou do ouvido elementos da cultura tradicional galega, achegándonos ás formas de vida e o traballo das xentes da zona; maneiras que están a punto de perderse polo paso do tempo. Tamén realizaron unha fermosa andaina polas fragas que rodean o […]

Ler máis

Maquetas de Células ESO.

Maquetas de células feitas polos alumnos de 1º e 2º da ESO, destacando a grande implicación dos rapaces e familias,  xuntando imaxinación e ciencia dando como resultado un gran traballo. Felicitamos a todos!!!! Galería de Imaxes.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad