Andaina pola Costa Ártabra.
O pasado xoves, 15 de outubro, os rapaces de 1º e 3º de Educación Secundaria, realizaron unha andaina pola Costa Ártabra; comezando en Mugardos e bordeando o litoral da ría de Ferrol ata Punta Segaño, onde poideron ver o Castelo da Palma e as baterías de Chanteiro. Logo subiron cara Montefaro para voltar ao punto de partida. Disfrutaron das bonitas vistas de ría de Ferrol e dun paseo ao carón do mar.