Saída de Outono.

Os nenos e nenas de 3 e 4 anos realizamos unha saída polo entorno próximo para observar os cambios que se producen no OUTONO e para recoller follas e froitos propios de dita estación.

Ler máis

Chandal do Colexio.

“Unha imaxe vale máis que mil palabras”, como podedes observar xa  se entregaron os primeiros pedidos dos chándales do colexio, senón queredes quedar sen él, podedes probar tallas e reservalos na secrearía do colexio.

Ler máis

Xornadas de Hábitos Saudables en Educación Infantil.

A semana do 17 ao 21 de Outubro os nenos e nenas de Educación Infantil disfrutaremos das “XORNADAS DE HÁBITOS SAUDABLES”. Ao longo da semana realizaremos diferentes actividades entre as que destacan: Luns 17: MASTERCLASS DE ZUMBA  para todo o ciclo de Educación Infantil. Martes 18: Os nenos e nenas de 3 anos recibirán a visita dunha DENTISTA. Martes 18: Os nenos e nenas de […]

Ler máis

Programas da Viaxe de Fin de Curso 5º e 6º E. Primaria.

Outro ano máis, os mestres de 5º e 6º de Educación Primaria, xa están a organizar a viaxe de fin de curso, e  como tódolos anos, serán as familias interesadas as que escollerán o destino final. Seguro que calquera das opcións serán do agrado dos nenos e nenas e disfrutarán dunha experiencia que non esqueceran; pero antes de nada tedes que escoller entre as seguintes […]

Ler máis

Paseo pola Fervenza.

Os nenos e nenas de Educación Primaria realizaron unha saída en bus para visitar a zona da Fervenza do Belelle. O percorrido foi de 2 km que realizaron a pé, no que os nenos e nenas poideron observar a natureza e disfrutar dun fermoso día de Outono. Galería de Imaxes.

Ler máis

Outono nos Pinares.

As nenas e nenos de 1º de Educación Primaria realizaron unha saída de aproximadamente 3 km  polas proximidades do centro, pasando polos campos dos Pinares. Durante esta marcha poideron observar os cambios producidos pola chegada do Outono. Recolleron ourizos, follas de outono e diferentes tipos de cogomelos, sempre guiados por Juanjo, o mestre de Bioloxía do centro. Galería de Imaxes.

Ler máis

Outono en Vilalba.

Saida polo paseo fluvial de Vilalba de 50 alumnos de 3° de E.P. acompañados dos seus mestres. Durante a maña do venres fixeron unha ruta de senderismo pola beira do río Magdalena,aproveitando para recoller productos típicos de outono e observando a flora e fauna típica desta fermosa zona. Despois da merenda disfrutaron xogando nas magníficas instalacions da área recreativa. Galería de Imaxes.

Ler máis

Un paseo polas Fragas do Eume.

Este venres , 7 de outubro, os rapaces e rapazas de 4ºA e B de Educación Primaria, inauguramos as salidas deste novo curso. E, de que mellor maneira, que disfrutando dunha bonita mañá outonal nun entorno privilexiado de ribeira, co río Eume como protagonista desta escapada. Primeiramente, nos achegaron no Centro de Interpretación ás principais clases de fauna e flora que alí habitan. Despois comezou a […]

Ler máis

Entrega de Títulos de Cambridge.

O martes 4 de Outubro, no noso colexio fíxose entrega dos títulos de Cambridge aos nosos alumnos e alumnas de Educación Primaria. Os resultados acadados nos exames de xuño foron  excelentes,  esperamos repetir a mesma experiencia e resultado o vindeiro ano. Noraboa rapaces e rapazas!!!!!

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad