Camiñata ESO.

O pasado martes, día 22 de maio, os rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO, realizaron un tramo do Camiño Inglés (Fene- Cabanas), esta actividade está encadrada dentro do proxecto de hábitos saudables os cales está a traballar o noso centro. Galería de Imaxes.

Ler máis

Exames Avaliación de Xuño en ESO.

Deixamos as datas dos exames da terceira avaliación para os rapaces e rapazas de ESO. Para ver picar aquí.

Ler máis

Axudas Libros e Material Escolar Curso 2018-2019.

Estimadas familias, informamos que a partir do 22 de maio  e ata o 22 de xuño, ábrese o prazo para a solicitude de adquisición de libros e material escolar; e acceso ao fondo solidario de libros. Para saber máis información picar aquí. Impresos solicitude.

Ler máis

Semana Letras Galegas 2018.

Os días 1 e 18 de maio, celebramos no centro a festividade das Letras Galegas, adicadas este ano a María Moreno. O mércores 16, houbo un teatro de monicreques “O rato Pincho”, realizado polos rapaces e rapazas de 5º de Educación Primaria para E. Infantil e E. Primaria. O venres 18, adicamos toda a xornada a diversas tarefas E.Infantil elaborou unha alfombra floral, E Primaria […]

Ler máis

Letras Galegas 2018.

Este cartel foi elaborado polos rapaces e rapazas de ESO.

Ler máis

Visita á Exposición de pintura de Beatríz Seijo.

O pasado venres, día 11 de maio, os nenos e nenas de 5º curso de Educación Primaria, achegáronse ata a Casa da Cultura de Fene para visitar e coñecer algunhas das obras de Beatríz Seijo na exposición titulada “Retrospectiva”, a cal nos explicou con moita amabilidade ás súas obras. Gustaríanos agradecer a Beatriz a súa amabilidade e decirlle que disfrutamos un montón do seu traballo, […]

Ler máis

Charla David Barro.

O pasado 10 de maio, recibimos a visita de David Barro López, como convidado ao ciclo de charlas que conmemoran o 50 Aniversario da escola. Compartiu aulas con algúns dos profesores actuais. Licenciouse en Historia del Arte pola Unviersidade se Santiago de Compostela e hoxe é unha figura de recoñecido prestixio nacional e internacional no eido da Arte Contemporánea: foi director da Fundación Luis Seoane, […]

Ler máis

Semana do Libro. Biblioteca Jorge Juan.

A lectura está presente nas nosas vidas, pero cómo os rapaces chegan a disfrutar dun libro… é un misterio que só eles saben. Por iso durante esta semana especial, quixemos poñer ao seu alcance e de maneiras diversas o acceso aos libros, as historias fantásticas, a lectura e a narración, a vivenza e dramatización… Compartimos libros, compartimos lecturas no patio e na biblioteca, viñeron a […]

Ler máis

Excursión Fin de Curso 4º ESO a Madrid.

Os rapaces e rapazas de 4º curso de ESO saíron este luns, 7 de maio con destino a Madrid, aínda que visitarán outras cidades como Segovia e Toledo. Realizarán un montón de interesantes visitas. Seguro que  están a disfrutar da merecida viaxe de fin de curso que lembrarán durante moitos anos. Esperemos que gocen da cidade, monumentos, lugares, compañía,… ao máximo. Boa viaxe!!!! Galería de […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad