Charla David Barro.

O pasado 10 de maio, recibimos a visita de David Barro López, como convidado ao ciclo de charlas que conmemoran o 50 Aniversario da escola. Compartiu aulas con algúns dos profesores actuais. Licenciouse en Historia del Arte pola Unviersidade se Santiago de Compostela e hoxe é unha figura de recoñecido prestixio nacional e internacional no eido da Arte Contemporánea: foi director da Fundación Luis Seoane, profesor en varias universidades (Oporto, Salamanca e Madrid, editor da revista “Dardo”, e un longo etc conforman a traxectoria deste sempre lembrado compañeiro. Gracias David por acudir sin dubidar a motivar aos nosos/as alumnos/as a loitar por conseguir os seus soños.

Galería de Imaxes.