Boas familia:Recordámosvos que o vindeiro venres, día 12 celebraremos o Entroido.Para elo, precisarán vir vestidos todo de marrón.Lembrade tamén, que a merenda dese día será de cousas típicas destas datas, de maneira individual.Moitas grazas pola vosa participación.Un saúdo. As mestras de Educación Infantil
Boas familia!Comezamos coa semana do ENTROIDO e con ela os mandatos do Meco.Hoxe xa podedes ler o primeiro mandato que nos propón a nosa amiga “Tortu” para saber o que toca traer o vindeiro luns.Lembrade, non son acumulativos.Gracias por participar.Boa fin de semana.
Boas, familias: Con motivo da semana da paz en Educación Infantil levamos a cabo un taller emocional. A bruxa “Paciencia” visitounos para compartir a lectura dalgúns contos. Estivo tan, tan contenta que aínda non quere marchar e acordamos que quedara unha semana máis connosco. Para rematar a semana festexamos o Día da Paz e da Non Violencia cuns traballiños feitos con moito amor. Queredes velos? […]
Boas, familias: Hoxe @ss máis peques de Educación Infantil comezan coa bolsiña viaxeira. Tortu tenlles preparad@s moitas historias que levarán a casa cada fin de semana.Esperamos que disfrutedes en familia.Un saudiño e boa finde.
Ola, familias:Comezamos este novo trimestre cheíñas de paz e amor. A bruxiña “Paciencia” preparounos uns contos cunha morea de aventuras.Estades preparad@s, nen@s?. Un saudiño. As mestras de E. Infantil
Boas, familias!! Hoxe recibimos na escola a visita das suas maxestades os “Reis Magos”. Houbo moitos nervios e ilusións durante toda a mañá!! Cantamos, bailamos e algúns tomaron as uviñas coas 12 badaladas. Na hora da merenda degustaron os doces navideños que trouxeron da casa e desfrutamos dos videos que grabaron @s compis para festexar o Nadal! Non queremos irnos sen volver a desexarvos unha […]