Taller de emocións

Taller de emocións

Boas, familias:

Con motivo da semana da paz en Educación Infantil levamos a cabo un taller emocional. A bruxa “Paciencia” visitounos para compartir a lectura dalgúns contos. Estivo tan, tan contenta que aínda non quere marchar e acordamos que quedara unha semana máis connosco.

Para rematar a semana festexamos o Día da Paz e da Non Violencia cuns traballiños feitos con moito amor.

Queredes velos?

Velaí os tedes.!!

Galería de imaxes

“A Paz, un desexo do corazón que só acadaremos deixando atrás o rancor e abrindo novos camiños cheos de respecto, cariño e amor”.

Un saudiño.

As mestras de Educación Infantil