Esta semana comezamos, en 5º e 6º de E.I., a impartición dun obradoiro semanal de Estimulación da Linguaxe, que busca acadar hábitos axeitados de comunicación. Podes premer aquí para ver algunhas fotos.
Esta semana comezamos, en 5º e 6º de E.I., a impartición dun obradoiro semanal de Estimulación da Linguaxe, que busca acadar hábitos axeitados de comunicación. Podes premer aquí para ver algunhas fotos.
O alumnado de E.I. fixemos un bonito mural para darlle a benvida.
Hoxe concluiu o período de adaptación das nenas e nenos de 3 anos. Foron días de moitas emocións, e xa podemos dicir que… o pasamos xenial no cole!! https://drive.google.com/drive/folders/1oc0JVnC2TZJ_xpNVLvPfJaCA7YQBTXTM?usp=sharing
Este pasado venres comezamos, no segundo ciclo de Infantil, a impartición dun obradoiro semanal de educación musical en lingua estranxeira (inglés) da man de Montse. A actividade xenerou un grande interese entre as alumnas e os alumnos, que desfrutaron do principio ao final. https://drive.google.com/file/d/1dJizkEhxf0CSl-8UFXCkUQo7kKf_l4Op/view?usp=sharing
Ola familias:Como sabedes, xa non queda nada para comezar o curso escolar, que afrontamos con grande ilusión. Para explicar as novidades deste ano, vos convocamos o vindeiro luns, día 6 de setembro, ás reunións do primeiro trimestre. Dada a importancia dos puntos a tratar, rogamos asistencia recordando vir sen @s peques, un membro por unidade familiar, con máscara e respectando sempre as medidas de protocolo. […]
Chega a despedida e non podemos deixar pasar a oportunidade de agradecervos familias a confianza e o apoio que depositáchedes no Centro ao longo deste curso tan inusual. Hoxe, o noso aplauso vai para os verdadeiros campións desta tolemia, xs nosxs pequenxs. Foron auténticos campións e merecen un descanso. Deixámosvos as últimas fotiños deste curso. Galería de imaxes Feliz verán e agardámosvos en setembro cheas […]
O Día mundial do ambiente celébrase cada 5 de xuño desde 1972. Este día foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na procura sensibilizar a opinión mundial en relación a temas ambientais. Como sabedes no noso colexio a preocupación polo coidado do noso medio é unha das nosas teimas. Deste xeito ás iniciativas e accións encamiñadas na procura desta sensibilización sumámoslle esta semana unha serie de actividades. Podedes ler e ver […]
Como xa vos contamos hai uns días, tiñamos unha pequena sorpresa gardada da festa da primavera. Os máis pequenos e pequenas de Infantil sorprendéronnos con dous refráns, @s máis maiores cunhas poesías moi primaverais e os nenos e as nenas de 4 anos interpretaron unha pequena obra de teatro. Sodes moi artistas! Mirade, mirade … Dentro videos! Videos da festa da primavera Esperamos que vos […]