Boas, familias: Hoxe @ss máis peques de Educación Infantil comezan coa bolsiña viaxeira. Tortu tenlles preparad@s moitas historias que levarán a casa cada fin de semana.Esperamos que disfrutedes en familia.Un saudiño e boa finde.
Boas, familias: Hoxe @ss máis peques de Educación Infantil comezan coa bolsiña viaxeira. Tortu tenlles preparad@s moitas historias que levarán a casa cada fin de semana.Esperamos que disfrutedes en familia.Un saudiño e boa finde.
Ola, familias:Comezamos este novo trimestre cheíñas de paz e amor. A bruxiña “Paciencia” preparounos uns contos cunha morea de aventuras.Estades preparad@s, nen@s?. Un saudiño. As mestras de E. Infantil
Boas, familias!! Hoxe recibimos na escola a visita das suas maxestades os “Reis Magos”. Houbo moitos nervios e ilusións durante toda a mañá!! Cantamos, bailamos e algúns tomaron as uviñas coas 12 badaladas. Na hora da merenda degustaron os doces navideños que trouxeron da casa e desfrutamos dos videos que grabaron @s compis para festexar o Nadal! Non queremos irnos sen volver a desexarvos unha […]
Boas familias:Hoxe tivemos no cole unha visita moi especial. Os nenos e nenas estiveron moi atentos e atentas ante a chegada do carteiro. Devagariño recibiredes na casa unha sorpresiña feita con moito amor.Esperamos que vos guste tanto coma anos!!Queremos dar as grazas aos traballadores da Oficiña de Correos de Fene por visitarnos e facer desta sorpresa algo moi especial para vos! Galeria de imaxes Un […]
Boas, familias: Como xa está a piques de chegar o Nadal, no cole estuvimos facendo algúns traballiños, cantando e bailando panxoliñas e decorando as nosas aulas. Qué gañas temos de que chegue! Aquí deixámosvos a súa ilusión, ledicia e agarimo coas que fixeron todas estas cousiñas. Galería de imaxes Unha aperta enorme e vémonos o mércores. Boa ponte!
Ola, familia: Como remate final do proxecto de hábitos de vida saudable, coñecimos a vida e obra do pintor italiano Giuseppe Arcimboldo. Fixemos varios traballiños, dende facer cariñas con fruta fresca ata colorear e recortar fruta debuxada. Esperemos que vos gustase este miniproxecto de arte e alimentación saudable. Deixámosvos unhas fotiños dalgunhas das actividades. Galería de imaxes Un saudiño. As mestras
Boas, familias: Esta semana que estivo chea de proxectos moi divertidos rematámola cunhas actividades que fixeron os nenos e nenas de 3 anos. Ademais de coñecer os alimentos naturais e procesados aprenderon a coidar os dentes cun crocodilo moi simpático. Mirade que ben limpan os dentiños cantando a sua canción favorita. Canción para limpar os dentes Tamén deixámosvos unhas imaxes das actividades que fixeron na […]
Peluxa, a mascota de 4 anos, gústalle moito aprender por iso hoxe marchou rumbo a farmacia para buscar respostas a todas as preguntas que fixeron @s peques na clase. Puxo a máscara e non dubidou nin un segundo en visitar ese lugar. Estes días no cole os nenos e nenas preguntábanlle; Que venden alí ademais dos medicamentos? Que hai que estudar para traballar na farmacia? […]
Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero os nenos e nenas de 5 anos fixeron un fermoso video revindicando que o respecto e o cariño, por encima de todo, son valores fundamentais para educar en igualdade. Tamén fixemos pequenos proxectos nas aulas que unificamos e demos visibilidade no patio cubierto do centro. Aquí deixámosvos unha pequena mostra das actividades que fixemos durante […]