As setas, a vendima, o mainzo e as castañas, lucen no noso pasillo de 3º e 4º de primaria, como alimentos, cultivos ou froitos típicos destas datas.
As setas, a vendima, o mainzo e as castañas, lucen no noso pasillo de 3º e 4º de primaria, como alimentos, cultivos ou froitos típicos destas datas.
Durante dúas xornadas, coa colaboración de Eroski, o alumnado de 4° de primaria recibiu formación sobre alimentación para a saúde. Primeramente participaron nas charlas educativas e a continuación visitaron as instalacións do supermercado, onde puideron recoñecer as diferentes seccións e alimentos. Para finalizar disfrutaron dunha saudable merenda, amenizada con distintos xogos. Galería de imaxes
Seguimos coas nosas xuntanzas de Tutorías entre Iguais, e que mellor día que hoxe!, o día da Paz, para realizar a nosa quinta actividade deste curso. Galería de imaxes
Estamos encantados de anunciar que a recaudación deste ano do Mercadillo de Nadal é de 1691,70 €, que repartiremos entre as asociacións beneficiarias. Isto é posible gracias a vos!!! Moitísimas gracias familias. Aproveitamos para desexarvos unhas Felices Festas.
O alumnado de 3°de primaria visitamos hoxe xoves 19 de decembro a Residencia Resanes en Sto. Estebo de Perlío.Alí coñecimos de cerca as necesidades dos nosos maiores e as actividades que realizan diaramente, para mellorar a súa calidade de vida. Galería de imaxes
Os alumnado de 4°de primaria visitamos hoxe xoves 19 de decembro o CAMF FERROL, o centro de atención integral para persoas con discapacidades físicas. A nosa pretensión con esta iniciativa, de marcado sentido solidario e educativo, é achegar aos nen@s a realidades próximas das que non teñen tanto coñecemento. Aproveitamos a visita para cantarlles unhas cancións que estivemos ensaiando.
Os tutores de quinto de primaria e tutorizados de terceiro, celebramos a nosa cuarta xornada de cohesión, engrosada dentro do programa do Proxecto TEI, que como cada ano desenrólase no noso centro. Galería de imaxes
Este sábado celebramos o VIII Mercadillo e Carreira Solidaria no noso colegio. A recaudación desta xornada irá destinada as asociacións medioambientais: Greenpeace, Galicia Ambiental e á Sociedade Galega de Historia Natural e colaboraron con nos: Gadis, Froiz, CocaCola, Eroski, Arrecendo e a A.N.P.A. Contamos coas actuacións de baile do noso colexio e da Academia de baile Tedaga. Foron subastadas as nosas obras de arte e […]
Para continuar coa labor do noso proxecto de 0% PLÁSTICOS, preparamos para este sábado 14 de decembro unha exposición no Mercadillo Navideño Solidario de obras feitas con resíduos plásticos. Galería de imaxes