Charla Belutinas

Dentro das nosas actividades no Proxecto de Voz Natura, está a visita da bióloga e apicultora Eva Pico, para achegarnos ao coñecemento das belutinas. Galería

Ler máis

Magosto

Festexamos o Magosto o Venres 20 de octubro, comendo como non castañas asadas do castaño que temos no colexio. Para levar a as castañas á casa elaboramos unhas caixiñas reciclando bricks. Olla a nosa galería. Galería

Ler máis

ROQ PARK

Visitamos o campamento de actividades de aventura en Viveiro, enclavado no Monte de San Roque. Alí participamos nos circuitos distribuídos ao longo dun frondoso pinar, no que se combinaban diferentes xogos e tirolinas. Galería

Ler máis

Saída Naturalista

O alumnado de 3° de primaria realizamos unha ruta pola contorna. Ademais de observar a natureza próxima, coñecimos unha parte do camiño de Santiago que pasa por Fene. Aproveitamos tamén a saída, para concienciar ao alumnado sobre o coidado do medio ambiente, recollendo o lixo que atopamos nesta ruta. Galería

Ler máis

Stop Accidentes

Todos os cursos de Educación Primaria recibimos a visita de Stop Accidentes. O seu interese é que constribuiamos na construcción dunha cultura viaria, baseada nunha mobilidade sostenible, saludable e segura. Galería

Ler máis

Centro de día Xuntanza

4° de primaria visitamos o Centro de Día Xuntanza.Alí axudan a mellorar a calidade de vida dos maiores, mellorando as súas capacidades cognitivas e físicas e a súa autonomía, para poder manter unha vida máis activa e plena. Aproveitamos a nosa visita para cantarlles a Muiñeira de Chantada, acompañada por: gaita, pandeiro e pandereta. Galería

Ler máis

Visita CAMF

4° de primaria visitamos o Centro de Atención Integral a Persoas con Discapacidades Físicas. Alí coñecimos de primeira man unha realidade que non sempre temos presente nas nosas vidas. Fixemos un percorrido polas instalacións e os diferentes profesionais que alí traballan,amosáronnos as técnicas que utilizan nos seus traballos diarios. Galería

Ler máis

Alma de elefante e Andrea Maceiras

Hoxe visitounos a segundo ciclo de primaria Andrea Maceiras, a escritora do libro Alma de Elefante, que estamos lendo en 4°de primaria e leremos para o vindeiro ano o alumnado de 3°. Contounos cal foi a súa inspiración para escribir este libro, así coma tamén a orixe das persoaxes e os lugares que aparecen nel. Tivemos a oportunidade de facerlle as preguntas que levábamos preparadas […]

Ler máis

Visita Domus-Torre de Hércules

O alumnado de 4 de primaria o luns 20 de marzo viaxamos ata A Coruña. Unha interesante saída, onde nos divertiremos e reflexionaremos sobre as características da especie humana, vimos uns pequenos cortos científicos e coñecimos o faro, que leva orientando aos mariñeiros dende épocas do imperio romano. Galería

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad