Xogo con Fair play.

Hoxe os nenos e nenas de quinto e sexto curso de educación primaria asistiron a unha charla impartida por Adrián Mirón, alumno de último curso de Ciencias del Deporte e Educación Física e entrenador axudante de categorías inferiores no Real Club Deportivo da Coruña, que a través dunha dinámica de xogo inicial e unha exposición con vídeos lles amosou a importancia do xogo limpo e o esforzo, non só aplicado ao deporte senón a vida mesma. Poideron ver a cara máis amable da competición e valores que todos e todas deberiamos ter en conta no noso día a día.