¡¡Xa temos mascota na Biblioteca!!!

A gañadora do concurso de mascota de biblioteca realizado no primeiro trimestre é “Tortu”, unha pequena tartaruga deseñada polas alumnas de 3ºA (Claudia, Aroa, Lucía e Naiara). Despois da exposición de todas as mascotas presentadas ao concurso e posterior  votación de todas as clases de Educación Infantil e Primaria (dando un voto por clase), o resultado estivo apretado:

  • Pickel: 3 votos
  • Bolboreta: 3 votos
  • Tortu: 4 votos
  • Pez globo: 1 voto
  • Caracol Sofía: 1 voto
  • Kira: 1 voto
  • Caracol Pepe: 1 voto
  • Jorgefante: 2 votos
  • Felino: 1 voto
  • Gunter: 1 voto

¡¡¡Noraboa as gañadoras!!! “Tortu” será a mascota da nosa biblioteca e comezará unha viaxe por todas as clases de Infantil e Primaria para coñecer aos nosos alumnos/as e compartir con eles aventuras e experiencias máxicas na elaboración dun Libro Viaxeiro.

Deixámosvos fotos de todos os traballos presentados e as alumnas gañadoras coa súa mascota.

Galería de Imaxes.