Visita Exposición Francisco Pérez Porto no Museo do Humor.
No día de onte e hoxe, os nenos e nenas de 5º e 6º E.P do Colexio Jorge Juan de Perlío visitaron a exposición de cerámicas de Francisco Pérez Porto no Museo do Humor de Fene.
Comezamos o día cunha amena charla do artista onde explicou a súa traxectoria e o proceso de elaboración das súas obras, e algunhas curiosidades sobre a elaboración deste tipo de obras.
Despois contemplamos os cadros cerámicos, figuras de María Soliña, Pepa Loba e moitísimas máis obras relacionadas coa cultura e as tradicións de Galicia.
Despois contemplamos os cadros cerámicos, figuras de María Soliña, Pepa Loba e moitísimas máis obras relacionadas coa cultura e as tradicións de Galicia.
Gustaríanos agradecer a súa cercanía e amabilidade cos rapaces e rapazas a Francisco Pérez Porto, co cal disfrutaron moitísimo desta visita.