Visita dos nenos e nenas de Educación Infantil a Correos.
O Vindeiro Martes, 17 de Decembro os nenos e nenas de Educación Infantil faremos unha excursión ás instalacións da Oficina de Correos de Fene.
O percorrido farémolo a pé, acompañados por membros de Protección Civil, polo que aconsellamos que os nenos veñan co calzado e vestimenta axeitada.