Visita de 4º E. Primaria ao Museo Etnográfico e Río Sesín.

Os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria visitaron o pasado venres, día 11 de marzo, o Museo Etnográfico da Capela, museo que recuperou do ouvido elementos da cultura tradicional galega, achegándonos ás formas de vida e o traballo das xentes da zona; maneiras que están a punto de perderse polo paso do tempo. Tamén realizaron unha fermosa andaina polas fragas que rodean o Río Sesín, onde poideron ver unha antiga ponte, as curripas e algún muíño de auga.