Visita da pintora Beatriz Seijo.

O pasado xoves, día 3 de decembro do 2015, tivemos a sorte de poder contar coa visita da pintora Beatriz Seijo, veunos a falar do apaixonante mundo da pintura e presentarnos a súa exposición de pintura titulada “¿En que piensas?“. A exposición atópase na Galería Sargadelos de Ferrol para quen a queira visitar.   Nesta charla, os rapaces e rapazas de Educación Secundaria poideron coñecer a esta xoven artista e parte da súa extraordinaria obra. Ademaís para o noso colexio foi todo un pracer recibir a unha ex-alumna, que nos veu amosar a súa paixón.

Con anterioridade un grupo de alumnos e alumnas  de 2º de E.P poideron disfrutar dunha visita guiada á Galería Sargadelos co  fin de disfrutar “in situ” da súa  obra e despertar a través dun inigualable taller, a gran artista que cada un leva dentro.
    ¡¡¡Grazas de corazón Beatriz, esperamos poder disfrutar pronto no nos0 cole, das tuas novas propostas!!!