Visita ao Museo Etnográfico da Capela.

Educación

O pasado martes 30 de outubro,os rapaces e rapazas  de 3° deE.P.,fixeron unha saída ó museo etnográfico da Capela.
Visitaron diferentes casas típicas de Galicia,nelas viron como vivían os seus antepasados(bisavós,avós….)
Coñeceron tanto a organización das distintas estancias da casa(mobilario,útiles de cociña),como os diferentes aperos ou ferramentas dos oficios  tradicionais: paragüeiro,zoqueiro,labrador,costureiras,fiandeiras…
A saída rematou coa visita guiada á antiga escola da Capela,onde se recrea unha clase antigua co seu mobiliario,libros e útiles de traballo do mestre e os alumnos.