Visita ao Arqueódromo de Ferrol

Visita ao Arqueódromo de Ferrol

A rapazada de 1º de ESO visitou este febreiro o Arqueódromo, aula didáctica para a práctica de arqueoloxía da Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial da UDC en Ferrol.

O alumnado descubriu o traballo de campo dun xacemento arqueolóxico: localización, estudios previos, excavación, análise e datacion dos elementos atopados e a exhibición e difusión do coñecemento sobre os nosos antergos.

Queremos agrdecer aos arqueólogos Lucía Brage e Juan Luis Montero Fenollós polo seu bon facer e fantástica iniciativa.

Galería de 1ºESO A

Galería de 1ºESO B