VII Xornadas de Orientación da comarca de Ferrol

O alumnado de cuarto de Educación Secundaria do noso colexio acudirá ás VII Xornadas de Orientación da comarca de Ferrol, que se celebrarán o vindeiro 25 de febreiro no Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol.
Alí coñecerán de primeira man a oferta educativa máis próxima para continuar os seus estudos. Nestas ligazóns podedes consultar os detalles do evento:
- Programa da xornada: Relatorios
- Centros participantes: Participantes nas Xornadas do 25/02/2026
Doutra banda, tamén pode ser de interese consultar a oferta completa de Formación Profesional en Galicia na seguinte ligazón: Follas informativas FP



