Viaxe Fin de Curso 4º ESO.
A Excursión de 4º da ESO pasou hoxe por Barcelona cunha visita matutina ao Museo do Camp Nou e outra pola tarde ao Parque Güell. En ambas, os rapaces e rapazas tiveron ocasión de desfrutar do recorrido propio do Museo e un pouco de tempo libre para facer algunha compra de recordos. Mañá, visitaran de novo a cidade condal para despedirnos dela e poñer rumbo a casa.