Viaxe ao Reino Unido parte IV.

“Hoxe fumos pola mañá a clase dende as 9:30 h. ata as 13:00 h. Comimos uns macarróns con carne e logo fumos a Canterbury. Alí visitamos a Catedral, que como veredes nas fotos, ten unhas vidreiras impresionantes. Tamén vimos unha vela que está acendida onde foi o santuario de Santo Tomás de Canterbury dende 1220 a 1538, cando foi destruído por orden do Rei Enrique VIII. Fumos de compras unha hora, nos solos por Canterbury, practicando o noso inglés polas tendas. Aínda que estabamos cansos despois de cear, un perrito e unhas patacas fritas, fumos a disfrutar dun “campfire”. Agora estamos nas habitacións falando e descansando.”   Texto de: Claudia Mahia, Beatriz Otero e Raquel Amado.

Galería de Imaxes.