Viaxe ao Reino Unido parte III.

“Hoxe día 19 de abril estivemos todo o día en Grosvenor Hall. Tomamos un almorzo inglés, logo fomos as clases e practicamos a nosa pronunciación inglesa e fixemos xogos moi divertidos. Comimos spaguettis con salsa barbacoa e de postre unha barrita enerxética. Tivemos un rato de descanso para lavar os dentes e estar co móbil e os amigos. Fixemos actividades moi divertidas como:  tiro con arco, loitas con laser e un circuíto de obstáculos. Ceamos polo con arroz e de postre xelatina. Mañá imos a Canterbury.” Texto de Paula Porta, Marta Tong, Andrea López e Alba Rodríguez.

Galería de Imaxes.