Teatro “Ti e máis eu”.

O pasado venres, día 29 de novembro, os nenos e nenas de 1º e 2º ciclo de Educación Primaria, tivemos a visita do grupo de teatro “Ti e máis eu” que nos representou unha das súas obras; “Nun recuncho do bosque”. Con esta representación de títeres nos quixeron explicar a importancia e as consecuencias que poden ter o non coidar o medio ambiente, tanto para nós, como para os animais e plantas. Tamén nos explicaron a diferenza principal entre animais e plantas. Aínda que ambos son seres vivos, uns desprázanse e outros non.

Foi unha mañá moi entretida para nós.

Galería de Imaxes.