Segundo da ESO en Ferrol.

O pasado día 24 de febreiro, o alumnado de 2º da ESO visitou Ferrol. Coñeceron o Museo de Historia Natural da SGHN onde puideron ver os espectaculares especímenes expostos. Pasearon polo barrio de Canido, un dos maiores exemplos europeos de street art coas súas Meninas. Tamén houbo tempo de ver a ría desde os Xardíns de Herrera, coa singular estatua do Marqués da Ensenada; e da Batería de San Xoán, un dos antigos baluartes defensivos da cidade.