Seguimos coa Solidadridade.

Ola familias! Pedimos a vosa colaboración para participar nun proxecto de soliedariedade, co que nós, todos os alumnos e alumnas, estamos totalmente comprometidos.

A nosa intención é axudar principalmente á Fundación GLORR, que colabora con Global Humanitaria O.N.G. que leva a cabo proxectos de desenvolvemento á cooperación, en varios países do mundo onde os nenos e nenas carecen de educación, sanidade e demais dereitos fundamentais.

No centro escolar poñemos a vosa disposición unhas bolsas facilitadas pola ONG para que aquelas familias solidarias poidades participar sen ningún compromiso.

Por outro lado, debido á participación de membros da nosa comunidade educativa, na Asociación Arraigo que se dedica a axudar a persoas en exclusión social da comarca de Ferrol, dándolles comida, roupa e productos de primeira necesidade, acompañándoos e escoitándoos, tres veces á semana, gustaríanos colaborar con eles recollendo mantas, sacos de durmir, luvas, calcetíns, bufandas e gorros que debedes poñer nunha bolsa que teñades por casa. A recollida de ambas bolsas será o mércores 4 e o xoves 5 de decembro no Salón de Actos de 14:00 a 14:30 h.

Ah, por certo !! non vos esquezades de colaborar co Concello na CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES USADOS EN BO ESTADO DE CONSERVACIÓN, xa que poden servir para que outros nenos e nenas dispoñan de xoguetes nestas datas. A recollida será o 9 e 10 de decembro de 13:30 a 14:00 no salón de actos do colexio.