Día Internacional de Internet Seguro.

Mañá, martes 7 de Febreiro, celébrase o “Día Internacional de Internet Seguro”, o motivo desta celebración é a de sensibilizar aos usuarios deste medio dos perigos e a necesidade de controlar as actividades  se realizan neste mundo virtual. Para saber un pouco máis, temos este comunicado de prensa.

Ler máis

Día da Paz.

O luns, día 30 de Xaneiro, os nenos e nenas do “Colexio Jorge Juan” festexamos o “Día da Paz e Non Violencia” realizando unha serie de actividades relacionadas con este evento. Desde os nenos de Educación Infantil ata os máis maiores de Educación Primaria participamos nas actividades programdas para o día.

Ler máis

O noso colexio co Proxecto Abalar.

No colexio Jorge Juan, somos conscientes da importancia da implantación das novas tecnoloxías (TIC) nas aulas. Que os rapaces acaden unha axeitada competencia dixital, así como levar a cabo as innovacións educativas necesarias para mellorar a súa aprendizaxe, son os obxectivos que nos plantexamos. Tendo en conta isto, o pasado curso 2010/2011 solicitamos a inclusión do Centro no “Proxecto Abalar”. Dita solicitude foi aceptada e así, […]

Ler máis

Datas de exame E.S.O. 1ª Avaliación.

Xa tedes a vosa disposición as datas dos exames da primeira Avalición. Para velas premede aquí.

Ler máis

Programa Municipal Subvencións Familias Festividade de Reis.

É obxecto desta convocatoria regular a concesión de un total de 40 subvencións para a adquisición dos agasallos para a Festividade de Reis para os/as seus fillos e fillas, que estando en convivencia cos solicitantes, sexan menores de 15 anos (con 14 anos cumpridos), ou ben aqueles fillos e fillas que sexan maiores desa idade e ate 18 anos cumpridos sempre que  dispoñan de recoñecemento […]

Ler máis

Información para as Familias.

Entre os meses de outubro e xaneiro, a Fundación Luis Seoane ofrece unha serie de actividades didácticas correspondentes ás exposicións Bernardí Roig. Teorema (interrumpido) e Rui Chafes. Campo de sombras. De seguido, detallamos as diferentes propostas didácticas que acompañan ás dúas mostras. Máis información pinchando no enlace: FUNDACIÓN_LUIS_SEOANE

Ler máis

Celebración do Magosto 2011.

O vindeiro 28 de Outubro os rapaces e rapazas do Colexio Jorge Juan imos celebrar o tradiconal Magosto, onde “paparemos” unhas riquísimas castañas. Nesta festa participaremos todos os nenos e nenas do Colexio, comezando pola Garderia, continuando polos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria; e rematando, como non, polos rapaces e rapazas de Educación Secundaria.

Ler máis

Reunión Inicial Educación Infantil 3 anos.

Ola papás: Recordámosvos que o Mércores, 7 de Setembro ás 11:00H. terá lugar a reunión informativa de inicio de curso para os pais e nais dos nenos  que entran en 3 anos. Dita reunión será nas respectivas aulas de 3 anos A e B. Non faltedes!!!. Grazas e un saúdo.

Ler máis

Comezo Curso Escolar 2011-2012.

O novo curso escolar 2011-2012 dará comezo o 12 de setembro para Educación Infantil e Educación Primaria: mentres que os alumnos e alumnas de Educación Secundaria comezarán o día 16 de setembro rematando o curso escolar o 22 de xuño.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad