Xs peques de Educación Infantil visitaron a Granxa Escola de Belelle 🐰🐷🐮🐴. Gozaron de varios obradoiros nunha contorna privilexiada da comarca. Son un gran equipazo!! Galería de imaxes
Xs peques de Educación Infantil visitaron a Granxa Escola de Belelle 🐰🐷🐮🐴. Gozaron de varios obradoiros nunha contorna privilexiada da comarca. Son un gran equipazo!! Galería de imaxes
Con motivo do Día Mundial dos Océanos e dacordo cos proxectos que estamos a investigar en Educación Infantil, nestes días estamos a desfrutar dun refrescante e divertido obradoiro sobre os mares e océanos. Aqui tedes una mostra das diferentes estacións de aprendizaxe. Galería de imaxes
Onte, 5 de xuño, no Colexio Jorge Juan de Perlío conmemoramos o Día do Medio Ambiente cunha xornada especial de sensibilización e acción medioambiental. O obxectivo desta celebración foi concienciar ao noso alumnado sobre a importancia de coidar e protexer o noso entorno natural, promovendo accións concretas que contribúan a preservar o medio. Nas xornadas previas, estivemos traballando arreo no noso horto escolar, preparándoo e […]
Na Jorge Juan celebramos o Día das Letras Galegas en honra á nosa lingua e cultura, ao tratarse o 17 de maio dun día non lectivo, pasamos os actos de celebración ao día 16. Neste día, realizamos actividades para destacar a literatura galega e lembrar a figura de Luisa Villalta, homenaxeada este ano. Decoramos o patio con alfombras florais, de sal e tamén coa realización […]
Dende agora podes atopar no noso colexio unha gran variedade de mochilas e estoxos de alta calidade, perfectos para acompañar os teus estudos. Temos opcións funcionais e elegantes, deseñadas especialmente para cubrir as necesidades do alumnado. Explora a nosa colección e atoparás o complemento perfecto para organizar os teus materiais escolares con estilo e comodidade.
Os nenos e nenas de Educación Infantil participaron nunha actividade moi divertida: un obradoiro de luz negra. Con este tipo de actividades estimulamos a creatividade do noso alumnado ó tempo que aprenden de forma libre e espontánea. Velaí tedes algunhas fotiños da actividade. Galería de imaxes
Esta semana pechamos o programa de actos organizados ao redor do libro e a lectura, queriamos celebrar deste xeito o Día Internacional do Libro, facendo extensiva a celebración a toda a semana. Esta conmemoración é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. Ainda que en España a data ten unha tradición anterior, a festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea […]
O alumnado de Educación Infantil e Primaria xa ten feitos os seus sementeiros. A actividade enmárcase no proxecto Voz Natura e no proxecto de centro: O bosque animado. Está encamiñada a concienciar e sensibilizar sobre o coidado do medio, e as nosas posibilidades para melloralo. Se queres ver o vídeo da súa elaboración e outros doutras actividades accede á nosa canle en instragram.
Xs nenxs de Educación Infantil visitaron o Centro de Interpretación de Caldoval onde descubriron moitas cousas sobre a vida dos romanos. Aprenderon, disfrutaron e xa teñen moito interese por investigar.🔎 Velaí os deixamos algunas fotiños da visita. Galería de imaxes