ADMISIÓN ALUMNADO 2026-2027

ADMISIÓN ALUMNADO 2026-2027

Prazo de entrega de solicitudes: 1-20 de marzo (ata o 23 presencialmente no centro )Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o centro indicaralles aossolicitantes por medio de anuncio publicado (no taboleiro da entrada) se é precisopresentar documentación dos criterios alegados . Prazo para a presentación de documentación acreditativa dos criterios alegados(no suposto de haber máis solicitudes que prazas): do 24 de marzo ao 8 […]

Ler máis

Programa de radio de Conexión Tarrío: Especial 8M

Programa de radio de Conexión Tarrío: Especial 8M

Hoxe en Conexión Tarrío celebramos o programa especial 8M. Na seguinte ligazón podedes escoitar todo o audio Programa radio 8M

Ler máis

Despedida do Entroido

Despedida do Entroido

O pasado 19 de febreiro, o Colexio Jorge Juan de Perlío puxo fin ás celebracións do entroido cunha xornada chea de alegría e diversión. O alumnado chegou ao centro cos seus disfraces máis creativos, enchendo o colexio de cor e bo ambiente dende primeira hora. A mañá continuou cunha chocolatada e co agardado concurso de disfraces, no que non faltaron a imaxinación nin as risas. […]

Ler máis

Entroido de arte e ilusión no Colexio Jorge Juan

Entroido de arte e ilusión no Colexio Jorge Juan

O Entroido é, sen dúbida, unha das celebracións máis agardadas do curso, e este ano volveu encher o noso colexio de cor, creatividade e moita alegría. Durante toda a semana, o alumnado foi cumprindo con entusiasmo os tradicionais mandatos do Meco, preparando así o ambiente para a gran festa final. Hoxe, 13 de febreiro, celebramos o noso desfile de disfraces. A chuvia obrigounos a facer […]

Ler máis

Mandatos do Meco

Mandatos do Meco
Ler máis

Celebración do Día da Paz

Celebración do Día da Paz

O pasado venres, 30 de xaneiro, o Colexio Jorge Juan de Perlío conmemorou o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, unha data que coincide co aniversario do falecemento de Mahatma Gandhi e que nos lembra a importancia do diálogo, do respecto e da resolución pacífica dos conflitos. Trátase dunha xornada para educar en valores e para reforzar a idea de que a paz […]

Ler máis

Celebracións polo fin de trimestre e Nadal

Celebracións polo fin de trimestre e Nadal

Na semana previa ás vacacións de Nadal, o noso colexio viviu uns días moi especiais cheos de actividades coas que despedimos o primeiro trimestre e demos a benvida a estas datas tan sinaladas. Alumnado, profesorado e familias compartimos momentos de convivencia, ilusión e aprendizaxe que quedarán no recordo de todos. Entre as actividades realizadas, destacaron varias saídas e excursións. O alumnado de segundo de Secundaria […]

Ler máis

Día dos Dereitos da Infancia

Día dos Dereitos da Infancia

Con motivo da celebración do Día dos Dereitos da Infancia, o alumnado de primeiro ciclo de Educación Primaria preparou con moito entusiasmo unha exposición dirixida aos nenos e nenas de Educación Infantil. Durante a actividade, explicaron dun modo sinxelo e adaptado á súa idade cales son os principais dereitos que teñen todos os nenos e nenas do mundo: o dereito á educación, á saúde, á […]

Ler máis

Celebración do Samaín e Magosto

Celebración do Samaín e Magosto

Hoxe, o Colexio Jorge Juan encheuse de sustos, risas e tradición coa celebración do Samaín. Esta festividade, de orixe celta, marca o cambio de estación e simboliza o momento no que a fronteira entre o mundo dos vivos e dos mortos se volve máis fina. En Galicia, o Samaín mantivo viva esta antiga tradición. O colexio, decorado para a ocasión, converteuse nun espazo cheo de […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad