Alumn@s de 1º Ciclo de E.P. na “Casa do Mel”.

Os nenos e nenas de 1º ciclo de Educación Primaria do noso colexio, achegáronse o pasado 26 de febreiro ata a “Casa do Mel” situada en Goente. Alí poideron coñecer, máis de preto, o mundo das abellas e a apicultura; realizando distintas actividades así como tamén a degustación deste doce producto. Disfrutaron e aprenderon moito con esta saída. Galería de Imaxes.

Ler máis

Día da Muller Traballadora.

Outro ano máis, o Colexio Jorge Juan participou na celebración do “Día da Muller Traballadora”; colaborando co Concello de Fene, no matathon de lectura que todo os anos organiza para festexar esta data sinalada. En dito evento, participaron dende as nenas máis pequenas de Educación Infantil ata as rapazas de Educación Secundaria. Audio das lecturas. (para poder escoitalo precísase descargar primeiro o arquivo). Galeria de Imaxes.

Ler máis

Ioga en Familia no Colexio.

Co fin de achegar as familias, novos recursos que contribuan a mellorar o rendemento, tanto persoal como académico de nosos fillos e fillas, invitámosvos a participar e compartir unha sesión de “Ioga en Famlia”, o vindeiro venres 28 de Febreiro ás 16:00 h. no Salón de Actos do Colexio. Agardámosvos.

Ler máis

Celebración do Día da Paz.

O pasado xoves, 30 de xaneiro, o noso colexio celebrou o Día da Paz, onde participaron tódolos alumnos e alumnas de Educación Infantil e Educación Primaria. Neste día tan sinalado as distintas estapas realizaron diversas actividades: os nenos e nenas de Infantil traballaron ao longo da semana contidos sobre a paz e solidariedade, os nenos e nenas de Primaria realizaron murais e actividades plásticas, visonado […]

Ler máis

Visita a exposición “Unha ollada á Natureza”.

O pasado mércores, 29 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 3º ciclo de Educación Primaria, nos achegamos ata a Casa da Cultura de Fene para observar a exposición titulada “Unha ollada a Natureza” de Carlos Sivar; onde o propio autor nos deu a coñecer a súa obra e as técnicas que emprega para realizar as incribles reproduciións das distintas especies de seres vivos.

Ler máis

Celebración Final do 1º Trimestre en E.S.O.

 O pasado venres, día 20 de decembro, os rapaces e rapazas de Educación Secundaria, realizamos diversas actividades no pavillón do colexio como remate do primeiro trimestre. Poidemos disfrutar de diversas actividades: bicicletas, torneo de tenis de mesa, badminton e brilé. Foi un día diferente para arrancar as vacacións de Nadal.

Ler máis

Excursión do 3º Ciclo de Primaria aos Museos da Coruña.

O pasado venres, 20 de decembro do 2013, os alumnos e alumnas do 3º ciclo de Educación Primaria, visitaron algunhos dos museos que se atopan na cidade da Coruña.

Ler máis

Festival de Nadal de Educación Primaria.

O pasado venres, día 20 de decembro do 2013, os nenos e nenas de 1º e 2º ciclo de Educación Primaria, celebraron o Festival de Nadal e mostraron o traballo que xunto cos seus mestres estiveron preparando ao longo do mes de decembro. Na representación de Nadal poidemos desfrutar tanto de obras teatrais como de panxoliñas e diversos bailes. Pasámolo moi ben! Galería de Imaxes.

Ler máis

Festival de Nadal en Educación Infantil.

Outro ano máis, as mestras xunto cos seus alumnos e alumnas de Educación Infantil, nos prepararon o xa tradicional Festival de Nadal, onde nos amosaron toda a creatividade que posuen os nosos pequenos e pequenas. Para poder ver máis, aquí tedes a Galería de Imaxes.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad