Derradeiro día de visita a Mérida. O tempo acompañou e poidemos visitar o abraiante Museo de Arte Romano e desfrutar do centro da cidade. Mañá toca bús; a ver si vos levamos un pouco deste clima estupendo. Galería de Imaxes.
Derradeiro día de visita a Mérida. O tempo acompañou e poidemos visitar o abraiante Museo de Arte Romano e desfrutar do centro da cidade. Mañá toca bús; a ver si vos levamos un pouco deste clima estupendo. Galería de Imaxes.
O pasado venres, día 23 de marzo, os nenos e nenas de Educación Primaria, achegáronse ata o Pavillón da Xunqueira para participar na Xornada de Atletismo Divertido organizada polo Concello de Fene. Nesta xornada os nosos nenos e nenas poideron amosar as súas capacidades nas distintas modalidades organizadas. Galería de Imaxes.
Onte, día 22 de marzo do 2018, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria, tiveron a xornada de Cinensino correspondente ao 2º Trimestre. Nesta ocasión e como coincidia co Día da Auga, a película que poidemos ver estaba relacionada co coidado e respecto ao medio ambiente, “Hermanos del Viento”. Gozamos das fermosas paisaxes que se podían ver nesta entretida película. Galería […]
Este luns, 19 de marzo, os rapaces e rapazas de 4° de E.Primaria, fixeron unha saída lúdica/educativa á Domus e á torre de Hércules,onde a parte de disfrutar das instalacións, aprenderon moitas curiosidades da evolución do home,os sentidos ,a anatomía humana…, veron un documental en 3D, e remataron a excursión coa visita ó faro romano da Torre de Hércules. Galería de Imaxes.
O día 21 de marzo conmemórase o Día Forestal Mundial e o día 22 de marzo, por decisión da ONU en 1993, conmemórase o Día Mundial da Auga, que neste ano 2018 refírese a calidade da auga, necesaria para a conservación de ecosistemas sans e para o benestar humano. Para conmemorar, de xeito transversal e interrelacionado estas dúas efeméride dende o Concello de Fene propúxonos para os […]
Na mañá de hoxe, venres 16 de marzo, os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria se achegaron ata a cidade de Ferrol para visitar o Museo da Construcción Naval “Exponav”. Alí percorreron as distintas salas onde observaron as distintas pezas do museo relacionadas coa construcción naval. Galería de Imaxes.
Onte, mércores 15 de marzo, tivemos a sorte de que os nenos e nenas de Educación Infantil e Educación Primaria disfrutaran dun concerto a man da cantautora Susa Herrera. Ao longo da mañá, en dúas sesións, os nenos e nenas participaron na presentación do seu traballo “En Cabarceno se sigue cantando” e “Cantos animales”. Todos cantamos e bailamos ao son destas divertidas cancións. Foi unha […]
O pasado martes, día 13 de marzo, os nenos e nenas de 1º, 2º 3º e 4º de Educación Primaria poideron desfrutar dunha actuación dun contacontos, onde a temática xiraba entorno a igualdade de sexos. Os nenos e nenas desfrutaron desta actuación organizada polo Concellería de Servizos Sociais do Concello de Fene. Galería de Imaxes.
Para rematar a semana, os alumnos e alumnas de 5 anos de Educación Infantil e os nenos e nenas de 1º e 2º de Eduación Primaria tiveron a gran sorte de ver a representación da obra de teatro “O ratiño presumido”. Da man de dous simpáticos ratos, os nenos e nenas descubriron a importancia da igualdade, o respecto e a liberdade á hora de ser un […]