Saída polo contorno de 3º ciclo de Educación Primaria.

Hoxe, venres día 1 3 de novembro, os rapaces e rapazas de 3º ciclo de Educación Primaria, fixemos a saída polo contorno que tiñamos programada para o mes de outubro. Finalmente o tempo nos acompañou, e poidemos disfrutar dunha boa camiñata por camiños e sendeiros do noso Concello.

Saímos do colexio para facer parte do Camiño Inglés ata Laraxe, unha vez alí percorrimos un sendeiro que nos achegou ata o Marco de San Lourenzo, onde poidemos coñecer algún dato sobre o mesmo. Despois retomamos a marcha cara ao Parque da Hortiña situada na parroquia de Limodre, onde repuxemos forzas coas nosas merendas.

Tras coller aire nos diriximos cara a zona alta de Barallobre para baixar cara Perlío polos Pinares, onde intentamos atopar a “Isla del Quesito” sen éxito , lugar emblemático das excursións do noso colexio bastantes anos atrás.  Despois de todo este longo paseo de 14 kms chegamos de volta ao Colexio, con algún cansanzo acumulado pero contentos por coñecer e visitar lugares do noso Concello.

Galería de Imaxes.