Saída de Outono polas Fragas do Eume.

Hoxe, xoves 23 de outubro, os nenos e nenas de 4º de E.P fixeron unha saída polas Fragas do Eume para poder contemplar e desfrutar dun dos parques naturais mais fermosos .

Nada mais chegar ao Centro de Interpretación das Fragas do Eume,  puideron ver un documental sobre a fauna que alí habita, xa que non é doado poder ver eses animais de preto. Posteriormente fixeron unha pequena ruta de sendeirismo que partiu da alameda para chegar ata a primeira ponte colgante , cruzar o río cara o outro lado e facer polo sendeiro un percorrido adaptado ao tempo que tiñan para realizar dita actividade.

¡Un emocionante e divertido día que o alumnado de 4º seguro que non olvidará!

Galería de Imaxes.