Recollida solidaria de roupa no Colexio.

Dende o Centro e dando continuidade o proxecto transversal de solidariedade que iniciamos este curso escolar, colaboraremos coa ONG Global Humanitaria nunha campaña de recollida de roupa e calzado usado.

A  tal efecto, no centro escolar poñemos a vosa disposición unhas bolsas específicas facilitadas pola ONG para que aquelas familias que o desexedes,  poidades participar sen ningún tipo de compromiso engadido. Soamente tedes que solicitar a bolsa o voso titor escolar persoalmente, ou a través dos vosos fillos.

A data devolución destas bolsas no centro escolar será o Luns 22 de Abril.

Para obter máis información sobre a campaña podedes visitar o seguinte enderezo: www.glorr.com