Recollida para o Banco de Alimentos.
Ao longo destas semanas, o noso colexio participou na recollida de alimentos e productos de hixiene para todas as persoas necesitadas do noso contorno. As asociacións “Arraigo”, “Cáritas” e a “Cocina Económica” serán as encargadas de facerllas chegar a estas persoas necesitadas. Todo isto non sería posible sen a solidariedade das familias dos nosos alumnos e alumnas; polo que outra vez máis, queremos agradecer este xesto tan bonito e solidario. MOITAS GRAZAS A TOD@S.