Proxecto Voz Natura.

HENRY DAVID THOREAU: “WALDEN E A VIDA NOS BOSQUES” (PARTE SEGUNDA).

Por segundo ano consecutivo, continuamos co noso proxecto de Voz Natura. Os obxectivos do pasado curso foron cumpridos e, agora, a nosa intención é encher o espazo de experiencias e novos traballos. Este ano, e tendo en conta  a temática da nova edición, imos intentar suministrar auga ao noso horto a través dun sistema de recollida de  auga da choiva e a súa distribución cun sistema de regadío  por goteo impulsado coa enerxía do sol.

Ademáis, pretendemos completar o noso traballo coa instalación dunha pequena estación meteorolóxica que permita aos rapaces facer observacións e medicións das ciscunstacias climáticas ao longo do ano. 

Moitas cousas que comezan xa e que intentarenmos ir contando nesta páxina e a través do perfil que o Proxecto Voz Natura ten en Facebook. Convidámosvos pois a que pasedes polo noso “espazo verde” e contempledes de cerca o noso traballo.

Saúdos.