Proxecto Voz Natura: Charla cos Axentes do SEPRONA.

O pasado venres, día 16 de decembro, estiveron no noso colexio os amigos do SEPRONA (Servizo de Protección da Natureza). Esta actividade realizouse dentro  das programadas no Proxecto “Voz Natura” que estamos a desenvolver no colexio. Como xa sabedes, durante este ano, este proxecto ten o obxectivo principal o de concienciar sobre a necesidade da protección dos nosos bosques. En Galicia temos unha importante masa forestal que necesita moito coidado por parte das persoas e por parte das administracións, e os axentes da Garda Civil, explicáronnos cal debe ser a nosa actitude neste sentido.

Os bosques son o pulmón do noso planeta e sin eles a  vida sería imposible. Os incendios forestais, a tala incontrola ou a contaminación dos solos son as súas principais amenadas. O comportamento que teñamos nese sentido é fundamental para a súa conservación, e os hábitos de convivencia cos bosques deben ser aprendidos, xa que as xeracións futuras teñen moito que dicir e cambiar nos vindeiros anos. Esa foi a razón da visita dos axentes do SEPRONA, explicarnos que actitudes  positivas debemos aprender, que actitudes negativas debemos rexeitar e como actuar no momento en que detectemos alguna circunstancia ilegal e como denunciala, así como alertar da presenza dalgún  lume no bosque.

Mostráronnos os medios dos que dispoñen para partullar polos bosques e, tamén, nos falaron doutros aspectos do seu traballo e das diferentes especialidades e funcións que ten a Garda Civil como corpo de atención e servizo directo cos cidadáns.

Queremos darlles as grazas pola súa visita e animalos a que continúen desenvolvendo o seu labor de xeito tan efectivo para conservar o noso patrimonio natural nas condicións que todos desexamos; sen esquecer a responsabilidade que todos temos neste traballo.