Proxecto Solidario.

Dendo o Colexio Jorge Juan de Perlío, observando a situación de necesidade que están sufrindo moitas familias na nosa sociedade; nos propuxemos sensibilizar aos nenos, nenas e familias ante esta probemática. Desenvolvemos un Proxecto Solidario que se levará a cabo ao longo do curso escolar en tódolos niveis educativos do centro.

Ao longo deste primeiro trimestre; propoñemos ás familias a súa colaboración nun Banco de Alimentos, que se levará a cabo cada quince días. Nesta primeira convocatoria sinalar, que foi todo un éxito, e por iso; nos gustaría agradecer a vosa colaboración. A recadación de alimentos irá destinada á Cocina Económica de Ferrol e Cáritas de Fene.

Este proxecto terá unha continuidade ao longo dos curso escolar 2012-13, tentando de implicar a toda a comunidade, non só a escolar. Trataremos de realizar actividades abertas a todo o público, como: charlas, maratón, mercadillo…. Esperamos e aradecemos a vosa participación e colaboración. Grazas.

Proxecto Solidario.      Artigo Diario de Ferrol.