Programa “Adeus ríos, adeus fontes”.

Os alumnos e alumnas de quinto e sexto curso de Educación Primaria participaron no  programa “Adeus ríos, adeus fontes”, que organiza a Concellería de Medio Ambiente de Fene, que chega ao seu fin este venres cunha plantación de árbores autóctonas e cun recital poético no parque liñal de Vilanova. Esta actividade tivo como obxectivos principais: pór de relevo o valor das árbores e dos bosques, estimulando actitudes positivas cara elas; xerar conciencia sobre a importancia da auga para a vida, para o ser humano e para o planeta, salientando a importancia de non malgastar a auga de forma innecesaria e de non contaminala; poñer en valor a poesía como xénero literario, homenaxeando a Manuel María, autor ao que se lle dedica este ano o “Día das Letras Galegas”.. O evento tomaron parte 250 escolares dos centros do concello.

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, foi o encargado de dar a benvida aos nenos e nenas que participaron nesta derradeira xornada do programa “Adeus ríos, adeus fontes”. A continuación, o técnico responsable da plantación, o enxeñeiro técnico agrícola Antón Muñíz, informou aos escolares sobre o desenvolvemento da xornada e sobre as especies que os pequenos terán ocasión de plantar.

No colexio e resto de cursos de Educación Primaria e Infantil tamén participaron neste programa elaborando este fermoso árbore.

Unha boa oportunidade de participar no desenvolvemento sostible do noso Concello e de compartir un día fantástico cos rapaces e rapazas de Fene.

Galería de Imaxes.

Referencia en Fene Cidadán.