Primeiros días de “cole”

Boas, familias:

Prestade moita atención que temos unha sorpresiña para tod@s v@s. Nestes primeiros días de escola estámolo pasando xenial! @s máis peques de Educación Infantil, estiveron a xogar con quebracabezas, con plastilina, facendo colares de contas e algún que outro barquiño de cáscara de noz. A pesares de levar uns cantos meses sen vir á escola, @s nenos de 5º e 6º de Educación Infantil, estanse a adaptando moi ben aos novos hábitos de hixiene e ás rutinas da aula.

Aquí vos deixamos unha breve reportaxe fotográfica de todos esos momentos vividos ata agora.

Que teñades unha boa fin de semana. Vémonos o luns!

Galeria de imaxes