Primeiro Ciclo buscando ao Outono.

O venres, día 17 de outubro, os nenos e nenas de primeiro e segundo curso de Educación Primaria realizaron unha saída polos Pinares.
Con esta ruta de senderismo vivenciamos os cambios producidos pola chegada do outono. Estivemos acompañados en todo momento por un profesor de bioloxía que explicou as rapazas e rapaces todos os elementos que atopamos polo camiño.