Colexio Plurilingüe Jorge Juan Perlío

Obradoiro internivel “Coidemos o noso Océano”

Obradoiro internivel “Coidemos o noso Océano”

Con motivo do Día Mundial dos Océanos e dacordo cos proxectos que estamos a investigar en Educación Infantil, nestes días estamos a desfrutar dun refrescante e divertido obradoiro sobre os mares e océanos. Aqui tedes una mostra das diferentes estacións de aprendizaxe. Galería de imaxes

Ler máis

Día do Medio Ambiente no Colexio

Día do Medio Ambiente no Colexio

Onte, 5 de xuño, no Colexio Jorge Juan de Perlío conmemoramos o Día do Medio Ambiente cunha xornada especial de sensibilización e acción medioambiental. O obxectivo desta celebración foi concienciar ao noso alumnado sobre a importancia de coidar e protexer o noso entorno natural, promovendo accións concretas que contribúan a preservar o medio. Nas xornadas previas, estivemos traballando arreo no noso horto escolar, preparándoo e […]

Ler máis

Exames finais da ESO 2023-2024

Exames finais da ESO 2023-2024

O alumnado da ESO pode consultar as datas dos exames finais nesta ligazón.

Ler máis

Contacontos: Morto de fame

Contacontos: Morto de fame

Hoxe, os máis pequenos de primaria, gozamos dunha sesión de contacontos. David Rodríguez, o autor do libro Superavoa, veunos contar e cantar un conto de Miguel López (O Hematocrítico): Morto de fame: A irmá do conde Drácula está moi preocupada porque o seu fillo non é cruel e sanguinario: é boísimo. Drácula dille que o mande á súa casa, que xa se encarga el se […]

Ler máis

Excursión ás Cíes

Excursión ás Cíes

A rapazada de 1º e 2º de ESO visitou esta semana o arquipélago das illas Cíes, o único Parque Nacional que temos na comunidade. Quedaron encantados de ter viaxado cos Piratas De Nabia que fixeron un fantástico traballo amosando os segredos das Cíes con actividades entretidas, divertidas e moi didácticas.Galería

Ler máis

Letras Galegas 2024

Letras Galegas 2024

Na Jorge Juan celebramos o Día das Letras Galegas en honra á nosa lingua e cultura, ao tratarse o 17 de maio dun día non lectivo, pasamos os actos de celebración ao día 16. Neste día, realizamos actividades para destacar a literatura galega e lembrar a figura de Luisa Villalta, homenaxeada este ano. Decoramos o patio con alfombras florais, de sal e tamén coa realización […]

Ler máis

Excursión de 4º de ESO a Andalucía

Excursión de 4º de ESO a Andalucía

A rapazada de 4º de ESO estivo visitando diferentes puntos de Andalucía durante a semana do 7 ao 11 de maio.Galería

Ler máis

Stop Accidents no Colexio Jorge Juan

Stop Accidents no Colexio Jorge Juan

No Colexio Jorge Juan tivemos o pracer de acoller as charlas e obradorios da Asociación Stop Accidents, co obxectivo de concienciar sobre a prevención de accidentes de tráfico. Estas actividades desenvolveronse o 9 e 10 de maio, estiveron dirixidas ao alumnado de primaria, buscando inculcarlles a importancia da seguridade nas rúas e estradas desde pequenos. Stop Accidents é unha asociación sen ánimo de lucro formada […]

Ler máis

De venda no cole

De venda no cole

Dende agora podes atopar no noso colexio unha gran variedade de mochilas e estoxos de alta calidade, perfectos para acompañar os teus estudos. Temos opcións funcionais e elegantes, deseñadas especialmente para cubrir as necesidades do alumnado. Explora a nosa colección e atoparás o complemento perfecto para organizar os teus materiais escolares con estilo e comodidade.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad