Axudas económicas ás familias para a atención de nenas e nenos menores de doce anos a través do programa Bono coidado e se convocan para o ano 2019. Ver a orde.
Axudas económicas ás familias para a atención de nenas e nenos menores de doce anos a través do programa Bono coidado e se convocan para o ano 2019. Ver a orde.
Onte, 8 de marzo, todos os membros da comunidade educativa que formamos parte da Jorge Juan de Perlío, celebramos o Día da Muller. Como acto final dos traballos realizados nas aulas sobre a importancia da igualdade, desenvolvéronse no patio estas actividades: Gran cadea de papel formando o símbolo da muller. Elaborouse unha grande cadea, formada por eslavóns con mensaxes, nomes e ideas que dun xeito ou […]
O xoves pasado, 7 de marzo, celebramos a Chocolatada e Queima do Meco. Como todol os anos, o alumnado puido disfrazarse libremente para gozar desta celebración. Primeiramente, os nenos e nenas dende a Escola Infantil ata ESO, gozaron co chocolate, para despois pasar a queima do meco, que como sempre no entroido nos tolea cos seus mandatos. Galería de imaxes
Aberto Prazo de Matrícula Curso Escolar 2019-2020. Anexos de matrícula. Matriculación on-line. Con certificado dixital.
Alumnado e familias disfrutaron hoxe dunha xornada de disfraces, bailes e troula. Toda a rapazada do centro celebrou hoxe o Entroido cun día festivo no que os disfraces e as actuacións deixaron a todo o público abraiado. As familias puideron asistir e ver os traxes e aos grupos bailar no patio. A temática estivo maiormente relacionada coa biblioteca e a literatura. Fotos da Educación InfantilFotos […]
Hoxe xoves o alumnado de cuarto de primaria visitó as instalacións do Diario de Ferrol. Poideron apreciar o Museo Periodístico, onde se atopan diferentes máquinas que forman parte da historia da información, tanto escrita como audivisual. Tamén estiveron na redación e participaron xunto cunha editora no proceso de elaboración dunha noticia Galería de imaxes
Rematamos a semana do Entroido cun obradoiro para o alumnado de 6º de E. Primaria. Nesta ocasión recreamos as pantallas de Xinzo, características polos seus chapeus e as vexigas que levan nas mans. Galería de imaxes
Este mércoles, no obradoiro de Entroido os alumnos de terceiro e cuarto de primaria, recordaron ás “Madamas e Galáns” de Cobres. O peculiar destes traxes son os adornos floráis que levan no chapeu tanto mulleres coma homes. Galería de imaxes