Colexio Plurilingüe Jorge Juan Perlío

Festa da Primavera

Boas familias: Hoxe rematamos a semana cunha fantástica festa. Quixemos gozar da primavera con divertidos xogos e varias actuacións. Estade atentos á rede que nuns días subiremos máis cousiñas. Polo de agora deixámosvos algunhas instantáneas dos xogos populares. Boa fin de semana. Galería de imaxes Un saudiño 😉

Ler máis

Exames finais de ESO de xuño

Exames finais de ESO de xuño

Podedes ver o horario dos exames finais da ESO premendo aquí

Ler máis

Letras Galegas 2021

Hoxe, no Día das Letras Galegas adicado a Xela Arias, publicaremos na web as fotografías das actividades da súa celebración no colexio o pasado venres. Van dende as alfombras florais de Educación Infantil ata os murais da ESO, sen esquecer o traballo feito en Primaria e na Escola Infantil. Galería de imaxes da Escola Infantil Galería de imaxes Educación Infantil Galería de imaxes da Educación […]

Ler máis

DÍA DA FAMILIA

DÍA DA FAMILIA

A familia é a xente da tua vida que te quere na súa. Son os que te aceptan polo que es e farían calquera cousa por verte sorrir porque te queren sen importar o que fagas. Onde aprendes que o amor é o único que medra cando se comparte. Hoxe, máis que nunca queremos desexarvos que teñades un fermoso día. FELIZ DÍA DA FAMILIA! Galería […]

Ler máis

Visitamos a horta

Visitamos a horta

Boas familia:Durante estás semanas convertímonos en xardineir@s xa que estivemos realizando “traballos na horta”; preparamos a terra, prantamos e coidamos os nosos cultivos ó tempo que desfrutamos da natureza.Deixámosvos unhas fotiños d@s nos@s artistas. Galería de imaxesFeliz venres a tod@s

Ler máis

Día do Libro 2021

Día do Libro 2021

O Día internacional do Libro celébrase todos os anos o 23 de abril. Celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura.

Neste ano 2021, no Colexio Jorge Juan, as distintas etapas educativas sumáronse a esta festa do libro.

Ler máis

I Concurso de Contos en BiblioTortu

I Concurso de Contos en BiblioTortu

Neste trimestre convidámosvos a participar nesta primeira Edición do Concurso de Contos. Xa sexa de forma individual, en pequeno grupo ou en grupo clase, pero queremos ler as vosas creacións e que nos sorprendades coas vosas historias. As historias teñen que estar relacionadas coa temática do noso proxecto de centro: Xacobeo´21. Tedes as bases do concurso na imaxe adxunta. Esperamos as vosas historias! Animádevos a […]

Ler máis

Paxaros de Primavera

A chegada da Primavera cheou o corredor de 3º e 4º de Primaria de paxariños de cores.

Ler máis

Xornada sobre rodas. Educación viaria.

Xornada sobre rodas. Educación viaria.

Ola familias! Como xa sabedes, nesta última semana do trimestre fixemos unha divertida xornada sobre rodas. Pasámolo xenial cos patinetes e as bicis. Aquí vos deixamos un vídeo dalgúns dos mellores momentos. 3, 2, 1… prendemos motores pero sempre con sentidiño!! Un saudiño.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad