O alumnado de ESO pode consultar o horario dos exames premendo na ligazón.
O alumnado de ESO pode consultar o horario dos exames premendo na ligazón.
Na seguinte ligazón pódese acceder a listaxe de libros de texto para o curso 2021 – 2022:
Chega a despedida e non podemos deixar pasar a oportunidade de agradecervos familias a confianza e o apoio que depositáchedes no Centro ao longo deste curso tan inusual. Hoxe, o noso aplauso vai para os verdadeiros campións desta tolemia, xs nosxs pequenxs. Foron auténticos campións e merecen un descanso. Deixámosvos as últimas fotiños deste curso. Galería de imaxes Feliz verán e agardámosvos en setembro cheas […]
Aquí vos deixamos o conto e a Ópera Rock, que fixemos para o Proxecto do Centro deste ano: “O Camiño de Santiago”
Un novo número da revista do colexio, Totu News, foi publicado. Suma como noutras ocasión o esforzo e traballo común do alumnado do colexio Jorge Juan. Un amplo abano de temas, ilustrados, escritos, relatados e creados con ilusión. Neste enlace podedes acceder aos seus contidos exclusivos: Tortu News nº 5
O Día mundial do ambiente celébrase cada 5 de xuño desde 1972. Este día foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na procura sensibilizar a opinión mundial en relación a temas ambientais. Como sabedes no noso colexio a preocupación polo coidado do noso medio é unha das nosas teimas. Deste xeito ás iniciativas e accións encamiñadas na procura desta sensibilización sumámoslle esta semana unha serie de actividades. Podedes ler e ver […]
Como xa vos contamos hai uns días, tiñamos unha pequena sorpresa gardada da festa da primavera. Os máis pequenos e pequenas de Infantil sorprendéronnos con dous refráns, @s máis maiores cunhas poesías moi primaverais e os nenos e as nenas de 4 anos interpretaron unha pequena obra de teatro. Sodes moi artistas! Mirade, mirade … Dentro videos! Videos da festa da primavera Esperamos que vos […]
Boas familias: Hoxe rematamos a semana cunha fantástica festa. Quixemos gozar da primavera con divertidos xogos e varias actuacións. Estade atentos á rede que nuns días subiremos máis cousiñas. Polo de agora deixámosvos algunhas instantáneas dos xogos populares. Boa fin de semana. Galería de imaxes Un saudiño 😉