Colexio Plurilingüe Jorge Juan Perlío

Festa de Benvida

Festa de Benvida

O pasado mércores 27 de setembro, disfrutamos da festa de benvida coas familias de infantil. Foi unha tarde chea de risas e diversión. Agradecemos a colaboración da ANPA. Aqui deixamosvos unhas imaxes e videos dalgúns momentos da festa. Imaxes Videos

Ler máis

Comezo do curso en Educación Infantil

Comezo do curso en Educación Infantil

En Educación Infantil comezamos un novo curso cheo de alegría e moita ilusión. Aquí vos deixamos momentos moi divertidos dos peques de quinto e sexto. Boa fin de semana, familias! Galería de imaxes

Ler máis

Verán

Ola familia! Deixámosovos as ligazóns das fotos de maio e xuño para que poidades ver todos os traballos que fixemos durante estos dous meses. Este curso traballamos moitisimo e aprendimos moitas cousas pero tamén pasamolo en grande e festexamos por todo o alto a nosa graduación. Esperamos que vos guste e felices vacacións! 😉 https://drive.google.com/drive/folders/14u48DJpIXYv_NSC0COzjKHFKUZ5BUcBO?usp=drive_link https://drive.google.com/drive/folders/18SE3FlW7Irct43kxt1K8E9xYg6ebifqa?usp=drive_link

Ler máis

Modificación da corrección da relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2023/2024

Modificación da corrección da relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2023/2024

Premede na seguinte ligazón para ver os materiais impresos para o vindeiro curso 2023/2024.

Ler máis

Excursión á Granxa O Souto (Ortigueira)

Excursión á Granxa O Souto (Ortigueira)

Este mércores, 21 de xuño, o alumnado de primeiro e segundo de Primaria tivemos a excursión de fin de curso. O lugar elixido foi a Granxa O Souto en Ortigueira. Un acerto tendo en conta o que gozamos con todos os animais que alí había. Cabras, ovellas, cordeiros, burros, bacas, galiñas, coellos… e ata poidemos montar a cabalo. Deixámosvos como sempre as galerías de imaxes […]

Ler máis

Actividade de iniciación ao tenis

Actividade de iniciación ao tenis

Nestes útimos días e en colaboración coa escola de tenis “Justo al revés”, poidemos ofrecer ao alumnado de primaria unhas xornadas de iniciación ao tenis. Todo un éxito que poderedes sentir se visitades a galería de imaxes. Galería de imaxes

Ler máis

ROQ PARK

Visitamos o campamento de actividades de aventura en Viveiro, enclavado no Monte de San Roque. Alí participamos nos circuitos distribuídos ao longo dun frondoso pinar, no que se combinaban diferentes xogos e tirolinas. Galería

Ler máis

Actividade de salto en camas elásticas

Actividade de salto en camas elásticas

Todo o alumnado de primaria está a participar nunha emocionante actividade de salto en camas elásticas. Por quendas dende que comezou, o venres pasado ata o seu remate o próximo luns, poderá gozar delas todo o alumnado de primaria. Queremos amosar publicamente o noso agradecemento á empresa “UPA un paso adelante” por facilitar a realización desta actividade. Deixámosvos esta galería de imaxes

Ler máis

Sesión de contacontos no colexio

Sesión de contacontos no colexio

O luns pasado, alumnado de primeiro e segundo de primaria tivemos a sorte de gozar dunha sesión emocionante de contacontos no salón de actos. Contounos unha historia fascinante na que nos implicou a todos e na que nos sorprendeu cos seus debuxos, creando ilustracións en tempo real. Foi unha experiencia que despertou a nosa imaxinación e nos transportou a un mundo cheo de aventuras e […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad